Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
As do Casares en Canadá
As do Casares en Canadá
Podcast

As do Casares en Canadá 1x5rx

13
54

Somos Antía e Laura, alumna e profe, que o ano pasado estabamos en Vigo e agora estamos en Canadá, cada unha nunha punta (Prince Edward Island e Calgary). Queremos contarvos a nosa experiencia a este lado do Atlántico. Somos As do Casares en Canadá! Seguídenos en @asdocasaresencanada 4n4n1j

Somos Antía e Laura, alumna e profe, que o ano pasado estabamos en Vigo e agora estamos en Canadá, cada unha nunha punta (Prince Edward Island e Calgary). Queremos contarvos a nosa experiencia a este lado do Atlántico. Somos As do Casares en Canadá!
Seguídenos en @asdocasaresencanada

13
54
Episodio 13 As Voces que Quedaron Fóra
Episodio 13 As Voces que Quedaron Fóra
AS VOCES QUE QUEDARON FÓRA Hoxe temos un episodio un pouco especial. Fai un tempo que queriamos colaborar co @edlg_iescarloscasares (Equipo de Dinamización Lingüística do IES Carlos Casares) e inda que se nos pasaron un pouco os días, queriamos agradecer que estivera aí sempre para darnos info cando lla pedimos! Por que este capítulo é diferente? Aproveitamos que este ano o Día das Letras Galegas está dedicado as cantareiras e tradición oral, para dar voz a toda a xente que leva vivindo aquí en Canadá milleiros de anos: os pobos Indíxenas nativos (first nations) e Métis. Escoitade o podcast para descubrir só unha pequena parte desta historia contada humildemente por nós, coa intención de tentar darlles voz a estas linguas e tradicións tristemente descoñecidas. Kitaakitomattsino, Nmu’ltes, Ata pronto! Música: Morgan Toney “Mi’kmaq Honour Song” Calvin Vollrath “Red River Jig” Métis Style Fiddle Olivia Tailfeathers “Aihpiyiw” A Banda da Balbina “O Retornado” Javier Krahe “Canada Canada”
Viajes y lugares Hoy
2
3
17
22:27
Episodio 12 As do Casares reunidas en PEI
Episodio 12 As do Casares reunidas en PEI
Ola a tod@s, neste episodio, As do Casares estamos reunidas en PEI! Como Laura, este ano que está en Alberta, quere visitar e descubrir outros lugares de Canadá, aproveitou para coñecer a Illa de Prince Edward e usar a Antía como guía por unha fin de semana. Neste episodio contámosvos o "turismo" que fixemos, e algunhas anécdotas como a "mariscada" canadiense ou a pesca do lumbrigante. Seguro que vos botades unhas risas!! Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 2 semanas
3
0
28
15:04
Episodio 11 Bisontes, Lumbrigantes e Eleccións en Canadá
Episodio 11 Bisontes, Lumbrigantes e Eleccións en Canadá
Saímos na Voz de Galicia!! Enlace á nova: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2025/04/27/dos-viguesas-podcast-canada/0003_202504V27C4991.htm Neste episodio 11 contámosvos o que fixemos nesta última semana: Laura visitou Head-Smashed-In Buffalo Jump (un sitio en Alberta onde os indíxenas cazaban bisontes) e un lago que fai fronteira entre Canadá e EEUU. Antía fala do Setting Day, cando celebran que se abre a veda do lumbrigante en Prince Edward Island e todos os barcos saen dos portos. Ata había gaitas!! Comeza a chegar a primavera... e hai cachorros de raposo e lebres que xa son multicolores cambiando a pelaxe. Respecto ao instituto, Laura tivo outro simulacro de lockdown e Antía fixo o Student Vote, porque o 28 de abril foron as eleccións canadienses. Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 1 mes
4
0
47
12:52
Episodio 10 Comida en Canadá
Episodio 10 Comida en Canadá
Xa temos 10 episodios!!! Hoxe falámosvos de comida canadiense: cousas típicas e outras que non o son tanto... pero que nos chamaron bastante a atención. Escoitádeo para rirvos un pouco e descubrir algúns platos canadienses. Deixámosvos un avance: o prato nacional chámase "Poutine". Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 1 mes
4
0
50
19:28
Episodio 09 St. Patricks, Eclipse de lúa, Deportes e martes de Entroido
Episodio 09 St. Patricks, Eclipse de lúa, Deportes e martes de Entroido
Hoxe falámosvos dalgunhas datas que foron importantes este pasado marzo en Canadá. A celebración do St. Patricks, o eclipse de lúa, e unha tradición peculiar que teñen nas provincias canadienses "Maritimes" o martes de Entroido. Compartimos tamén a nosa experiencia cos deportes no instituto (e o importantes que son aquí), con perspectivas de entrenadora e de xogadora! Por último, unha mención ao 8M, que aínda que sí que o celebran, non é o que esperabamos nin o que estamos acostumadas. Esperamos que vos guste, e recordade seguirnos no instagram @asdocasaresencanada e ver as fotos e vídeos deste episodio!! Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 2 meses
5
0
45
14:05
Episodio 08 Mar conxelado, chinook, auroras, voluntariado e traballo
Episodio 08 Mar conxelado, chinook, auroras, voluntariado e traballo
Neste episodio 8 actualizámosvos de que tempo estamos tendo estes últimos días... entre o chinook en Calgary e o mar que se conxela en Souris. Xa que falamos de meteoroloxía pasamos tamén as auroras... un espectáculo pero case só nas fotos. E por último falamos da importancia do traballo e voluntariado segundo as nosas experiencias canadienses. Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 2 meses
7
1
58
12:34
Episodio 07 Celebracións e festas en Canadá
Episodio 07 Celebracións e festas en Canadá
Aproveitando que por aí xusto estivéchedes co Entroido, neste episodio facémosvos un resumo das celebracións e festas que vivimos en Canadá. Falámosvos de Acción de Gracias (ou Thanksgiving), de Halloween (o Entroido canadiense), de Nadal e tamén de San Valentín. Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 3 meses
7
0
51
13:29
Episodio 06 Novo semestre, francés e medidas
Episodio 06 Novo semestre, francés e medidas
Neste episodio contámosvos cómo é comezar o segundo semestre de clases para Antía (e como se mantén igual para Laura). Aproveitando que unha das novas asignaturas de Antía é francés, falamos das nosas impresións con esta lingua en Canadá, un concepto diferente de país bilingüe.... Por último non vos perdades o sistema de medidas que usan, unha mistura entre varios! Qué é iso de fornos a 450º ? Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 3 meses
7
0
54
12:06
Episodio 05 Conducir en Canadá e máis
Episodio 05 Conducir en Canadá e máis
Hoxe contámosvos unha das cousas que máis nos chama a atención vivindo aquí: a idade á que se comeza a conducir. Moitos dos adolescentes de 16 e 17 anos xa teñen coche propio, e agúns incluso antes... Pero por exemplo o alcol é a partir dos 19 e non se pode mercar dentro dos supermercados normais. Tamén falamos dunha das drogas recentes que é o Fentanilo. Escoitade o episodio porque volo explicaremos mellor e podedes ver as fotos no instagram @asdocasaresencanada! Esperamos que vos guste Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 4 meses
7
0
54
11:13
Episodio 04 Fauna canadiense
Episodio 04 Fauna canadiense
Neste episodio (ademais de actualizarvos de como foi ese primeiro "frío canadiense" en Prince Edward Island, do que falábamos a semana pasada) imos contarvos qué animais vimos por estas terras. As fotos das que falamos e os vídeos das cámaras de fototrampeo os teredes, coma sempre, no instagram @asdocasaresencanada. Esperamos que vos guste! Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 4 meses
8
0
71
08:37
Episodio 03 Inverno
Episodio 03 Inverno
Hoxe contámosvos unha pequena parte de como estamos vivindo estes meses máis fríos en Souris (Prince Edward Island) e en Calgary (Alberta). Antía conta que aínda non fixo demasiado frío, mentres que Laura xa estivo máis dunha semana coa máxima baixo 0!! Escoitádenos 10 minutos e non vos perdades estas anécdotas divertidas! Tedes as fotos e vídeos do espisodio no instagram @asdocasaresencanada Música: A Banda da Balbina "O Retornado" Javier Krahe "Canada Canada"
Viajes y lugares 4 meses
9
0
78
10:26
Episodio 02 O instituto
Episodio 02 O instituto
No segundo episodio imos comezar a contarvos algunhas cousas que nos sorprenden dos institutos canadienses. Antía está estudando nun highschool e Laura da clase nun middle school. Para coñecer un pouco máis escoitádenos estes 10 minutos! Recordade que podedes ver as nosas fotos no instagram @asdocasaresencanada Música: A Banda da Balbina "O Retornado"
Viajes y lugares 5 meses
9
0
120
13:03
Episodio 01 Quen somos?
Episodio 01 Quen somos?
Neste primeiro episodio imos presentarnos por se nos escoita alguén que non é do IES Carlos Casares, que xa nos coñecen, pero inda con esas, dar unha idea de onde estamos cada unha, por que estamos aquí e cal é a nosa situación. Esperamos que vos guste. Recordade ver as nosas fotos deste episodio no instagram @asdocasaresencanada Música: A Banda da Balbina "O Retornado"
Viajes y lugares 5 meses
12
2
144
11:03
También te puede gustar Ver más
Viajo en Moto
Viajo en Moto Aquí charlamos de viajes, de motos, de aventura, de lugares lejanos (o no tanto), de grandes viajeros, (o no tan grandes) y de todo lo que tenga que ver con desplazarse por el mundo a lomos de una motocicleta. Actualizado
Planeta Montaña by "Huesca La Magia"
Planeta Montaña by "Huesca La Magia" Grandes montañas y paredes, expediciones dentro y fuera de España, esquí, rutas de senderismo, montañeros de leyenda y consejos de seguridad conforman el Podcast "Planeta Montaña by Huesca La Magia". Todos los viernes, nuevo episodio. Actualizado
Tierra de Aventuras
Tierra de Aventuras Tierra de Aventuras, con Alfonso Garcia y Raúl Leorza es un programa dirigido a montañeros que buscan información especializada pero también a cualquier oyente aficionado a pasear por la montaña. Un programa técnico pero entretenido y accesible, con información, testimonios y participación destinado a aquellos que hacen de la montaña su afición y su forma de vida. Actualizado
Ir a Viajes y lugares